A propósito da morte

A Zona C ábrese a novos formatos de creacion escénica con Muller morta camiñando

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Fonte: Cámara negra

Fonte: Cámara negra

“A nosa proposta parte dun dos personaxes da novela, unha muller que toma a decisión de que quere morrer, pero non quere suicidarse e busca que alguén a mate” explica Carlos Álvarez-Ossorio, director de Cámara Negra. Despois dun ano de investigación a partir de O idiota escrito por Dostoievski, o resultado é unha obra experimental que pretende afondar nos sentimentos, na toma de decisión e nas dúbidas ante unha decisión irreversible. A montaxe, que abre unha nova etapa na traxectoria da Zona C, caracterízase por non gozar dunha posta en escena tradicional. Mónica de Nut cantará en directo sendo a única ambientación sonora dun espectáculo no que o público (máximo 50 persoas) se sentará ao redor dun escenario que se ilumina unicamente con candeas.

Imaxe 1
1/5
Imaxe 2
2/5
Imaxe 3
3/5
A decisión
4/5
Imaxe 5
5/5

Esta montaxe particular buscar a implicación do espectador. A música é en directo e a iluminación tenue obrigará ao público “a forzar a vista”, en palabras do director, para ofrecer unha proposta diferente do que está acostumado a ver. A obra estará todo o mes de febreiro (de xoves a sábado ás 20:30 horas) na zona C, que se abre ás artes escénicas.

Duración: 90 minutos
Prezo: 8 euros

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Carlos Álvarez, Espectáculo, Artes Escénicas

Claves

Protagonistas