Un ciclo de cine propón en Ferrol unha reflexión sobre a historia recente

Conta con producións galegas como A mariñeira ou A Cidade da Selva

1/2/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
35 lecturas | Compartido 0 veces
Asociación cultural Ferroltera Nosa Memoria inicia hoxe un ciclo de cine no Centro Torrente Ballester. Unha proposta organizada pola asociación cultural Ferrolterra Nosa Memoria e que conta co asesoramento do historiador Bernardo Máiz. A Cidade da Selva (2006) de Helena Villares e Pilar Faxil inicia esta tarde as proxeccións. Este título céntrase nos tempos da República ata a morte do último guerrilleiro no ano 1954. Cancións para despois dunha guerra de Basilio Martín Patino, os documentais Maricielo e Silenciadas, así como A mariñeira de Antón Dobao compoñen esta proposta que se estende ao longo do mes de febreiro.

Universo culturagalega.gal

28/05/2013

A selva no Gaiás

A mostra Orinoco. Viaxe a un mundo perdido achega a arte étnica á Cidade da Cultura