A selva no Gaiás

A mostra Orinoco. Viaxe a un mundo perdido achega a arte étnica á Cidade da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Coñecer a vida e a creación dos pobos indíxenas que viven na selva de Venezuela. Esta é a proposta que fai a exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido, que se inauguraba onte no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia. A grande aposta do complexo para o que resta do ano consiste unha selección de 1.135 pezas de 12 etnias da zona, entre obxectos artísticos e ferramentas cotiás.

Morteiro funerario e neno yamomami. Colección Orinoco.
1/8
Chinchorros. Colección Orinoco.
2/8
Plumas. Colección Orinoco.
3/8
Guapas. Colección Orinoco.
4/8
Modelo de casa Ye'kuana. Colección Orinoco.
5/8
Conxunto de pezas. Colección Orinoco.
6/8
Máscara de mono. Colección Orinoco.
7/8
Galería: Orinoco. Viaxe a un mundo perdido
8/8

Ademais poden verse 120 fotografías de Edgardo González Niño e Charles Brewer-Carías, uns fondos que fan parte da colección Colección Patricia Phelps de Cisneros, considerada a máis importante de arte étnica de Latinoamérica.

A exposición, que se poderá ver ata xaneiro de 2014, inclúe un apartado centrado na infancia, o Campamento Tepuy, que lles permitirá achegarse aos sabores, ferramentas e xeito de vida dos pobos que se retratan na mostra. Como complemento do material do Orinoco, a exposición inclúe tamén un apartado dedicado á cultura fluvial do noso país, amosando embarcacións, artes de pesca ou construcións vencelladas aos ríos.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia, Venezuela, Latinoamérica