Pontevedra acollerá Edugal, o Salón da Educación

Celebrarase entre o 12 e o 14 de abril e está dirixido a estudantes e profesionais do ensino

26/1/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

Coa intención de se converter na referencia sobre ensino no noroeste peninsular, o Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Empresarios presentaba Edugal, o Salón da Educación. O encontro celebrarase entre os vindeiros 12 e 14 de abril no Pazo da Cultura da Cidade do Lérez, e está dirixido tanto a estudantes de secundaria como a profesores e profesionais do sector. No evento haberá postos informativos, actividades formativas e un programa que incluirá propostas deportivas e culturais.

Desde ofertas universitarias de Galicia e Norte de Portugal ata alternativas á formación convencional e propostas de e-learning, no encontro daranse cita todo tipo de cuestións relacionadas co campo educativo.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Pontevedra, Ensino, Secundaria...