Paul Daniel dirixirá a Real Filharmonía co obxectivo de chegar a máis público

O británico foi un dos colaboradores habituais da formación nos últimos tempos

26/1/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Xa se sabía o nome pero faltaba a confirmación definitiva. E chegou onte, coa presentación aos medios de Paul Daniel como o futuro director técnico e artístico da Real Filharmonía. É un nomeamento “de futuro”, porque non exercerá o seu cargo ata o ano 2013. Na súa presentación pública, Daniel agradeceu o posto e estableceu que a súa determinación pasaba por conseguir que o proxecto chegase a máis público. O futuro director chegará a Santiago tras cumprir os contratos en Australia, á fronte da Australian Symphony Orchestra, e substituíra no cargo a Ros Marbá, que levaba 12 anos á fronte da formación.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Australia

Claves

Lugares