É a primeira temporada completa para Paul Daniel como director artístico e titular e onte presentou a súa programación que chega con aires de renovación. En primeiro lugar porque a programación na que a música comparte protagonismo coa palabra. A figura do narrador estará presente e obras como, segundo unha nota de prensa, o Egmont, de Beethoven, As sete últimas palabras de Cristo na Cruz, de Haydn, ou no tradicional Concerto de Reis, un monográfico Satie. Pero Daniel tamén busca abrir a formación tanto a novos sons, cun repertorio anegado de compositores pouco representadas, e a novos públicos. Para esto último crea CONversamos, unha iniciativa na que directores e artistas comparten co público experiencias e información unha hora antes do inicio de cada concerto.
A Real Filharmonía tamén presta atención aos máis novos, para os que programa CONect@ coa RFG, nos que ofrecerá 11 concertos de pequeno formato orientados ao público infantil e familiar, concertos didácticos para centros escolares e nos que haberá oco para os títeres. O ciclo de abono inclúe o Ciclo de Piano Ángel Brage no que participarán David Kadouch, Andrea Bacchetti e Cédric Tiberghien.
Programacion temporada 2013/2014.A Real Filharmonía tamén presta atención aos máis novos, para os que programa CONect@ coa RFG, nos que ofrecerá 11 concertos de pequeno formato orientados ao público infantil e familiar, concertos didácticos para centros escolares e nos que haberá oco para os títeres. O ciclo de abono inclúe o Ciclo de Piano Ángel Brage no que participarán David Kadouch, Andrea Bacchetti e Cédric Tiberghien.