Inícianse as tempadas de música clásica

A Real Filharmonía e os Amigos da Ópera presentan programación

2/7/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Real Filharmonía de Galicia presentou onte a súa nova programación, na que fará un percorrido polos seus vinte anos de vida a través de 25 concertos. Desde autores clásicos como Bach, Haendel ou Haydn ata o repertorio posromántico ou as vangardas. Como novidade, este ano a Real Filharmonía realizará tamén concertos nos barrios composteláns "achegándoa ao público e sacándoa á rúa para que sexa coeñcida por todos os públicos". Pola súa banda, a Tempada Lírica da Coruña 15/16 amplía o número de obras presentadas a sete, cunha "firme aposta por abrir novos horizontes" botando man dalgunhas "das máis recoñecidas creacións do teatro musical do século XX, como a Salomé de Strauss ou West Side Story, de Bernstein.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Teatro, Clásicos, Real Filharmonía de Galicia