Os compositores galegos e a Real Filharmonía, apostas da temporada

Música de programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

11 de outubro-13 de xuño. Estas son as datas da nova temporada musical do auditorio compostelano para o curso 2001-2002. Un programa no que destacan varias cousas. En primeiro momento o incremento dos concertos didácticos; en segundo lugar unha aposta por un repertorio que combine representación clásicas con outras non tan clásicas e máis modernas; e en terceiro lugar o protagonismo da Real Filharmonía e da Sinfónica de Galicia .

Un vistazo xeral

A Real Filharmonía de Galicia, que ten a súa sé no Auditorio de Galicia é, xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia, a que acapara maior protagonismo nesta temporada de abono 2001-2002.De feito entre as dúas suman 26 concertos dos 30 que conforman o cartel.
Entre os músicos invitados destaca Olli Mustonen e, entre os principais directores, cómpre destacar a Robert king e Aldo Ceccato entre outros cmo López Cobos, Rudolph Barshai, José Ramón Encinar e García Asensio.
Seguindo coa liña de recuperación dos compositores galegos, no programa de abono desta temporada a Real Filharmonía estreará unha obra encargada a Rogelio Groba, e interpretará, dentro do seu repertorio, outras de Xavier de Paz, Juan Durán, Viaño e X. X. Castros.
O equilibrio entre a música clásicae ritmos máis actuais son as principais características dun programa que conta coa incorporación da ópera. Un pequeno esforzo engadido que supón incorporar ó programa "Fidelio" a única ópera que compuxo Beethoven e "Cosi fan tutte" de Mozart.


Sesións didácticas

Reforzar o ensino da música clásica é outro dos piares da liña musical imposta por Antoni Ros Marbá. Por ese motivo, dentro do programa desta temporada de abono destaca a multiplicación dos concertos didácticos. Unha caracter´sitica que gozará de sesións dobles e que se complementarán cunha serie de concertos para familias a módico prezo (500 pesetas)




Completa o programa

Ademais do programa de abono e do concertos didácticos destaca tamén as catro exposicións programadas. Abre a temporada o I Premio Auditorio de Galicia (outubro e novembro). Toma o relevo a exposición "Francisco de Goya: O rostro, espello da alma" de novembro a xaneiro, á que seguirá a mostra "Gure Artea" de xaneiro a marzo. Pecha a temporada expositiva a Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega.
Neste ano no que se celebra o centenario do nacemento do Maestro Rodrigo non falta un concerto na súa honra. Un evento para o que a Real Filharmonía ten preparado a gravación dun CD doble coas obras para orquestra e voz do compositor valenciano.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Juan Durán, Beethoven, Auditorio de Galicia...