Paul Daniel perfílase como novo director da Real Filharmonía de Galicia

Substituirá no cargo a Antoni Ros Marbá, quen leva 12 anos á fronte da formación

26/12/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Leva varios anos vencellado á Real Filharmonía de Galicia e, desde xaneiro, será o vindeiro director da formación. Así o publica esta fin de semana a edición de Galicia de El País que asegura que Paul Daniel (Birmingham, Gran Bretaña, 1958) será nomeado director de xeito oficial. Substitúe así a Ros Marbá, quen leva doce anos á fronte da formación. Este mesmo medio asegura que Marbá continuará vencellado á formación como director emérito ou dirixindo algúns concertos.

Paul Daniel estudou música na Catedral de Coventry, no King´s College da Universidade de Cambridge e na Guildhall School of Music and Drama. É tamén director principal e conselleiro artístico na Orquestra Sinfónica West Australia. Segundo publica El País na súa carreira tamén figura algún galardó como o premio Olivier pola súa achega á ópera pou gramphon de 1999 pola serie de música inglesa que gravou coa discográfica Naxos.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Filharmonía de Galicia, El País, Gran Bretaña, Bretaña...