Baldur Brönnimann será o novo director da Real Filharmonía de Galicia

Substituirá a Paul Daniel a partir de xaneiro do 2023

23/11/2022 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: músicaespectáculos
2 lecturas | Compartido 0 veces

O director Baldur Brönnimann

O músico suízo Baldur Brönnimann será o novo director artístico da Real Filharmonía de Galicia, asumindo tamén a dirección da Escola de Altos Estudos Musicais. Brönnimann é suízo, formado na Academia de Música de Basilea e no Royal Northern College of Music de Manchester e na actualidade lidera a Sinfonietta de Basilea. Foi tamén director Principal da Orquestra Sinónica do Porto Casa da Música ata 2020, entidade á que segue vinculado. A Real Filharmonía destaca do novo director "a implicación social, a excelencia artística e a renovación do repertorio, así como o compromiso formativo. Baldur é unha persoa profundamente comprometida coa relevancia da música clásica no século XXI, e por iso é moi activo como comisario de novas obras, festivas e ciclos así como a divulgación e formación de novos músicos e públicos". A Filharmonía destaca que o novo director "afrontará novos retos dun director cun profundo entendemento da música clásica e o seu papel na sociedade".

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves