Unha outra guía para a intervención lingüística é o título co que a Universidade da Coruña acaba de publicar, en papel e en pdf de libre acceso na rede, algunhas das intervencións que se realizaron no marco do curso (re)pensando o discurso. Do encontro, centrado na busca de novas fórmulas para a dinamización lingüística, recupéranse agora textos como o de Iván Méndez López sobre os discursos e os marcos encol da lingua galega, o de Xaime Subiela sobre as achegas colectivas na normalización desde institución, ou o de Pilar García Negro sobre crise e lingua entre outros.
A Universidade da Coruña edita Unha outra guía para a intervención lingüística
A obra recolle intervencións presentadas no curso (re)pensando o discurso
20 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Universidade da Coruña, Xaime Subiela, Pilar García Negro...
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos

