Fúndase a asociación Gatea para promover o teatro na comunidade educativa

A primeira actividade é unha mostra galega de teatro en Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Katarsis, Elefante Elegante e Caramuxo Teatro comparten unha particular visión da creación escénica. “Nós pretendemos, afirma Carolina Ramos de Katarsis, usar o potencial das artes escénicas para facilitar a aprendizaxe estimulando a creatividade e a creación”. Nese empeño común acaban de crear Gatea, unha asociación que pretende estimular a creatividade e a aprendizaxe tomando o teatro como ferramenta. Entre as primeiras actividades de Gatea está unha mostra de teatro galego que terá lugar en Madrid os días 18 e 19 de febreiro. Elefante elegante representaráTristan cara de can, Caramuxo con Zapatos e Katarsis Pa cama.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Historias para durmir

Historias para durmir

Katarsis descobre xogos nos obxectos das habitacións no seu espectáculo Pa cama

Quiosco: Paraíso 9

Quiosco: Paraíso 9

Sólodos, Elefante Elegante ou o Jofre de Ferrol fan parte dos contidos da publicación da AGADIC

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Madrid, Elefante Elegante, Artes Escénicas...