Historias para durmir

Katarsis descobre xogos nos obxectos das habitacións no seu espectáculo Pa cama

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Detalle do espectáculo "Pa cama". Foto: Katarsis

Detalle do espectáculo "Pa cama". Foto: Katarsis

Meterse na cama é unha tarefa complicada para moitos pequenos. Todas cantas cousas hai nunha habitación deixan de ter a súa función para converterse nun divertimento nos momentos previos a que os cativos se metan na cama. E sobre eses bonecos improvisados a golpe de alfomada ou saba traballa a compañía galega Katarsis, no seu espectáculo Pa cama. Unha montaxe dirixida a nenos de ata cinco anos e que leva máis de 150 funcións por todo o mundo entre Canadá, Irlanda… e que ahora ten citas programadas en Galicia. Katarsis estará os días 21 e 22 de abril en Teatro del Andamio (A Coruña) logo de participar na Mostra de Teatro Galego en Madrid (18 e 19 de febreiro).

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Hábitos saudables

Hábitos saudables

Babaluva conta a historia dunha marioneta que procura que a súa nai lle lea contos

A cama como propósito

A Galería SCQ explora novos formatos cunha intervención de Mónica Alonso

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Teatro, Teatro del Andamio, Canadá...