Denuncian a existencia de petróglifos na área na que se se vai construír a incineradora do Irixo

Serían círculos concéntricos, cazoletas e outro tipo de figuras

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Asociación Ecoloxista Outeiro solicitou a Cultura a catalogación "urxente" de grupos de petróglifos ubicados nos montes nos que a Xunta pensa ubicar a incineradora do concello do Irixo (Pontevedra). Trátase de motivos circulares e cazoletas, que foron revisados polo arqueólogo Antonio de la Peña. A Asociación lembra que se tratan de Bens de Interese Cultural e solicitou a creación dun parque arqueolóxico na área, pedindo a supresión ou traslado da planta incineradora.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bens de Interese Cultural, Pontevedra, Arqueoloxía