A Dirección Xeral de Patrimonio acaba de anunciar que comezará os traballos para delimitar e identificar un número significativo de petróglifos da provincia de Pontevedra para que sexan declarados Bens de Interese Cultural (BIC), a máxima figura de protección patrimonial que se concede en Galicia. “Na actualidade”, explica a ConsellerÃa de Cultura, “a inexistencia dun ámbito real de protección grafado sobre unha planimetrÃa axeitada e a indefinición dos seus usos poñen en perigo unha boa parte dese tipo de bens”. Os traballos de catalogación e prospección da contorna dos petróglifos, asà como de recollida de patrimonio oral, levarán arredor de catro meses, tralos cales se elevarán as propostas de declaración como BIC de cada un dos xacementos. Segundo Cultura, este proceso se estenderá posteriormente ao resto das provincias galegas.
Listado de petroglifos e comunicado no web da ConsellerÃa de Cultura