Os petróglifos de Campo Lameiro foron os bens patrimoniais máis afectados polos lumes

O informe dos danos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Consellaría de Cultura acaba de dar a coñecer como está o estudo sobre o patrimonio que se veu afectado polos lumes do verán. Polo momento, as principais actuacións de rehabilitación centráronse en dous petroglifos de Campo Lameiro, aos que se lles aplicaron técnicas que normalmente se empregan na recuperación doutros bens, como as igrexas. Ademais, a Consellaría está a realizar un estudo en sesenta e tres concellos, empregando tecnoloxía GPS para localizar e delimitar o contorno de protección de elementos patrimoniais. Un feito que permitirá completar un catálogo de restos arqueolóxicos. Todas as actuacións desenvolvidas terán un custe de 170.000 euros.

Máis información no web da Consellaría de Cultura e no noso temasobre o patrimonio

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, Culturagalega

Claves

Entidades
Conceptos