Os editores centraranse no mercado interior en 2012

A AGE denuncia o modelo de implantación da Escola 2.0

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Galega de Editores "vai centrar boa parte dos seus esforzos en dinamizar o decaido mercado interno" durante 2012. Así o anunciou nun comunicado a través do seu web, a adiantar o Plan de Acción para este ano. A AGE sinala que se está a dar unha "caída do consumo interno sen precedentes", o que levou aos seus socios a se centrar na promoción do seu traballo no propio país, sen descoidar as estratexias de internacionalización dos últimos anos, coa presenza en feiras como Boloña, Madrid, Frankfurt e Guadalaxara.

Para o vindeiro 10 de marzo celebrarase a Noite da Edición, na cal se desenvolverán homenaxes a Isaac Díaz Pardo, Presidente de Honra da AGE e mais a Carlos Casares cando se fan dez anos do seu pasamento.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A cita máis internacional

A cita máis internacional

Responsables das feiras internacionais do libro instan a mellorar a participación nestes encontros

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, AGE, Asociación Galega de Editores, Boloña...