O Consorcio Audiovisual leva sete curtametraxes ao Festival Clermont-Ferrand

A cita terá lugar entre o 27 de xaneiro e o 4 de febreiro

É a cita máis relevante para as curtametraxes. A 34 edición do Festival Internacional Clermont-Ferrand arrincará o vindeiro 27 de xaneiro nesta localidade francesa e haberá presenza galega. O Consorcio Audiovisual de Galicia estará na cita co catálogo Shorts from Galicia 2012, que inclúe sete traballos producidos nos últimos dous anos e premiados nos festivais de curtas máis relevantes de Galicia (Festival de Cans, Curtocircuíto e FicBueu). Son o documental Radiografía dun autor de tebeos (de Marcos Nine); dous traballos de ficción, Estereoscopía de Xacio Baños e ¿De qué se ríen las hienas? de Javier Veiga e catro de animación (Amistad de Alejandro Marzoa, Gato encerrado de Peque Varela, Birdboy de Pedro Rivero e Alberto Vázquez. Precisamente este último traballo é finalista aos Goya na súa categoría.

Shorts from Galicia.