Un artista pontevedrés elaborará unha escultura de obra pública en Exipto

Asiste a un simposio e levaralle mes e medio a execución da súa peza

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O vindeiro 18 de xaneiro, o escultor pontevedrés, Nando Álvarez (Tomiño, 1975), desprazarase a Asuán (Exipto) para participar nun simposio de escultura monumental. Alí realizará unha obra en granito exipcio de gran tamaño que pretende representar o movemento das augas. Estará nese país durante mes e medio, tempo que lle levará facer a súa proposta. Non é a primeira vez que Álvarez acode a un simposio destas características, xa que seguindo ese formato (a entidade convocante sufraga a estadía e material dos artistas para executar as obras seleccionadas) ten elaborado seis obras en China e unha na India.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exipto, India, Tomiño

Claves