Un simposio leva a escultura ás rúas para reivindicar a súa importancia

Artistas de sete países crearán esculturas de granito ao aire libre

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Agora que a escultura non goza dun momento de explendor, Vigo acolle un Simposium que pretende achegala á xente. Para iso, durante os proximos vinte dias escultores de sete países que comparten o denominador común de ser especialistas en executar obras monumentais en granito, crearán obras na rúa a partir de granitos chegados de diferentes canteiras de Galicia. O certame remata o 31 de agosto, e a partir desa data crearase unha ruta permanente polos monumentos escultóricos en diversas zonas do barrio de Valadares.

Os escultores que participan neste encontro son Jörg Plickart (Alemania); Yann Liebard (Francia); Antonella Tiozzo (Italia); Virginija Venckünienè (Lituania), Filomena Almeida (Portugal); Kemal tufan (Turquía), Miguel Ángel Matrero (Bélgica) mais o artista vigués Remixio Davila.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Italia, Portugal, Francia

Claves