A cor das algas no granito permitirá coñecer o grado de deterioramento dos monumentos

Un equipo da Universidade de Santiago desenvolve unha técnica non invasiva para estes casos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os diferentes tons que adquiren as algas e as cianobacterias que colonizan o granito permitirá coñecer polo miúdo o grado de deterioramento dos monumentos galegos por estas causas. O grupo de investigación de Estudos ambientais aplicados ao patrimonio da Universidade de Santiago acaba de presentar un sistema de análise que permite coñecer ata que punto está afectada a pedra dos edficios históricos e mais o punto do ciclo vital no que se atopan os organismos invasores a partir da cor exacta que presentan. Este método elimina a necesidade de empregar técnicas invasivas que danen estes bens.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves