Un láser desenvolvido en Vigo limpará o claustro da Catedral de Santiago

A intervención eliminará a cera que cobre as figuras deste monumento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Nos anos sesenta cubriuse con cera fundida o friso do claustro da catedral de Santiago, unha xoia do renacemento galego. Co tempo, esta medida, que pretendía salvar a pedra da intemperie, acabou provocando desprendimentos na superficie deste monumento. Agora, un láser desenvolvido polo departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo servirá para limpar a capa de cera sen danar o granito. Un acordo entre a Dirección Xeral de Patrimonio e este departamento permitirá facer a primeira proba nun monumento real deste método, que leva seis anos a se investigar na facultade olívica. De funcionar axeitadamente, o sistema podería empregarse noutros monumentos afectados polo mesmo problema, como a fachada de San Martín Pinario ou as bases e columnas do Pórtico da Gloria.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Pórtico da Gloria, Renacemento...