Un simposio sobre lexicografía e un diccionario literario, novidades neste eido

Diccionarios e diccionarios

| Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os diccionarios son actualidade esta semana. Á presentación onte do terceiro volume do "Diccionario da Literatura Galega" engádeselle o simposio sobre lexicografía que comeza hoxe en A Coruña. Neste simposio analizarase a situación dos diccionarios en Galicia.

Lexicografía

O Primeiro Simposio de Lexicografía Galega comeza hoxe en a Coruña coa intención de facer unha análise da elaboración e futuro dos diccionarios na nosa lingua. Nestas xornadas intervirán destacados especialistas como Luis Iglesias Rábade e Isabel González, que explicarán a situación dos diccionarios bilingües inglés-galego e italiano-galego. A primeira xornada do simposio estará dedicada á lexicografía bilingüe.


Diccionario de literatura


A fundación Caixa Galicia presentou onte o terceiro volume do "Diccionario da Literatura Galega", que nesta ocasión está dedicado á obras literarias. A obra recolle comentarios críticos a 249 obras en máis de 500 páxinas. Logo dos volumes sobre autores e publicacións periódicas, está previsto que o diccionario se complete coa publicación da última parte dedicada ás "voces".

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, A Coruña, Fundación Caixa Galicia

Claves

Conceptos
Lugares