A Fundación Barrié edita en CD-Rom un "Diccionario de diccionarios" feito polo ILG

Metadiccionario dixital

| | Seccións: Lingua
Compartir:

A Fundación Pedro Barrié de la Maza ven de presentar publicamente o "Diccionario de diccionarios" que realizou o Instituto da Lingua Galega (ILG) baixo a dirección de Ramón Santamarina. A obra permite consulta simultaneamente varios diccionarios de galego realizados en Galicia ata os anos 30.

Diccionarios


O "Diccionario dos diccionarios" en formato CD-Rom permite realizar consultas simultaneas a obras como o Diccionario Enciclopédico Galego-Castelán de Eladio Rodríguez, elaborado entre 1926 e 1934 e que continúa a ser unha obra de referencia. Ademais, están presentes no CD o Diccionario Galego Castelán de Francisco Xabier Rodríguez, elaborado en 1863 ou o Diccionario galego de Xoan Cuveiro.


Máis diccionarios e inéditos


Outras obras nas que é posible realizar consultas son o diccionario elaborado por Marcial Valladares, o Vocabulario de Manuel Leiras entre outros. Entre as obras incluídas atópanse inéditos coma un vocabulario de Xoan Manuel Pintos ou o apendice ó Vocabulario Popular de Filgueira Valverde.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ILG, Fundación Barrié, Lingua galega, Instituto da Lingua Galega...