Un diccionario de fraseoloxía e un vocabulario fanse noticia

Diccionarios e vocabularios

O Centro Ramón Piñeiro está a traballar na elaboración dun diccionario de fraseoloxía galega que sairía á rúa antes do ano 2005, segundo anunciou onte o académico Xesús Ferro no Simposio de Lexicografía en A Coruña. Pola súa banda, a Universidade de Santiago ven de editar o Glosario de orientación escolar e profesional, que recolle termos desta área en varias linguas.

Diccionario de Fraseoloxía




Segundo Xesús Ferro, o centro Ramón Piñeiro prepara un diccionario de fraseoloxía que se publicará antes do ano 2005. Para a súa confección está a confeccionarse unha base de datos que incropora máis de 250.000 frases e 30.000 fichas. Desde esta base de datos, unha vez homoxeneizada e formalizada realizarase o diccionario, existindo mesmo a posibilidade de que se aproveite para futuras publicacións.














Varios volumes




A publicación do diccionario realizarase en varias fases, comezando coa publicación dun refraneiro ó que seguirán os volumes dedicados ás fórmulas e locucións. O material do que se parte recolleuse en refraneiros inéditos de varias bibliotecas privadas, un dos cales, atopado en Lugo, publicarase nun ano.




Glosario de educación





A Univesidade de Santiago(USC) presentou onte o "Glosario de orientación escolar e profesional" que presenta un vocabulario básico desta área en español, galego, inglés, francés e alemán. O glosario foi realizado pola Asociación Internacional para a Orientación Escolar e Profesional, AIOEP e editado polo servicio de publicacións da USC. O coordinador do volume, Luis Sobrado, destacou que o libro foi presentado en Berlín nun congreso internacional de educación.