Abre en Caión o Arquivo da Pesca

O centro documenta e expón a relación da vila co mar

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A historia da confraría, a pesca da balea e, en xeral a relación da vila de Caión co mar centran a actividade do Arquivo da Pesca que abría as súas portas o pasado fin de semana. Para alén dunha exposición didáctica sobre estas cuestións, o proxecto pretende recoller e dixitalizar os documentos relacionados co mar, partindo dos arquivos da confraría local. O proxecto foi impulsado por esta entidade e conta co apoio do Grupo de Acción Costeira (GAC) 3 Costa da Morte e do Concello da Laracha.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, A Laracha, Costa da Morte

Claves

Conceptos