Preséntase en Muros Fishernet, a rede europea de patrimonio pesqueiro

A participación galega no proxecto alcanzará os 400.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Representantes das consellarías de Pesca e de Cultura presentaban esta mañá na Confraría de Muros o proxecto Fishernet, rede europea de patrimonio pesqueiro. Esta iniciativa, promovida desde a confraria de Lira, desenvolverase ao longo de tres anos co apoio de fondos do Departamento de Cultura da Unión Europea. A proposta reúne diferentes iniciativas que se desenvolven arredor do patrimonio pesqueiro no Reino Unido, Bulgaria, Chipre, Islandia e Noruega canda ás confrarías de Lira, do Pindo e de Muros e mais a Coordinadora Galega de Minusválidos. A achega galega a este proxecto é de 400.000 euros, que se investirán en proxectos de intercambio de experiencias, emprego de novas tecnoloxías e propostas de divulgación para recuperar e coñecer mellor o patrimonio pesqueiro. O proxecto completarase con intervencións artísticas relacionadas con este ámbito.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muros, Unión Europea, Noruega, Reino Unido

Claves

Entidades