Cultura inicia o procedemento para declarar BIC o Facho de Donón

Abrirase un período para a presentación de alegacións a partir do 15 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Área de delimitación

Área de delimitación

Sito no estremo occidental da península do Morrazo, sitúase un notable santuario. O Facho de Donón destaca, entre outras cousas, pola grande cantidade de materiais atopados nesta despósito, pola cronoloxía ( Bronce Final, Idade do Ferro, Época Romana e comezos da Alta Idade Media) e o seu estado de conservación, malia o deterioro último que obrigou á Deputación de Pontevedra a destinar unha partida para a súa preservación. A Xunta, a través da dirección xeral de Patrimonio, acaba de iniciar o proceso para declarar BIC (categoría de zona arqueolóxica) coa publicación no DOG do expediente coa delimitación do contorno de protección, así como dos prazos de presentación de alegacións.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alta Idade Media, Idade do Ferro, Deputación de Pontevedra, Dirección Xeral de Patrimonio...