Teresa Moure leva o premo Ramón Piñeiro de Ensaio

Queer-emos un mundo novo anchégase á literatura galega desde a teoría Queer

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións é o título da obra coa que Teresa Moure acaba de levar o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. A escritora impúxose no certame, dotado con 6.000 euros, entre 12 orixinais, e fai un achegamento á lingua e á literatura galega desde a teoría queer. Na súa obra, Moure critica a construción das categorías home/muller e cuestiona mesmo os empregos inclusivos do xénero da linguaxe, que considera baleiran de contido o potencial transformador do feminismo. Galaxia editará o volume ao longo do vindeiro ano.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teresa Moure, Ramón Piñeiro, Teresa Moure, Ensaio...