O Carballo Interplay recoñece T-REX co premio á Mellor Serie

Miradenovo e Antontísimo fíxéronse cos galardóns ao talento dixital galego

| Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
Compartir:
Atontísimo recolle o premio do CIP. Fotografía de Aigi Boga. Fonte: CIP

Atontísimo recolle o premio do CIP. Fotografía de Aigi Boga. Fonte: CIP

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay (CIP) finalizaba este 19 de abril a súa décima terceira edición coa entrega dos galardóns da xeira. A serie canadente T-REX impúxose na Sección Oficial e levou o premio de 800 euros e o trofeo polo seu retrato íntimo de tres amigos que se enfrontan aos conflitos da masculinidade. A francesa Ruby, á súa vez, fíxose co galardón á mellor dirección desta xeira coa súa historia de superheroínas queer. OPremio Xurado Novo foi para Eyes in the Woods, que combina misterio e enfoque queer, e The Struggle for Existence S2 obtivo o Premio do Público, que recoñeceu esta comedia sobre os desafíos da masculinidade contemporánea.

Nos galardóns ao Talento Dixital en Galego, o Premio á Mellor Canle, dotado con 600 euros, foi para Miradenovo, "por conectar con todo tipo de público, amosarnos as posibles futuras vidas das cousas, a visión á hora de crear unha canle con este contido tan específico en galego e facer que todas queiramos ter as casas máis trendy". @Antontisimo, á súa vez, levou o Premio á Mellor Creadora ou Creador, "por ser o carisma personificado, atraparnos desde o primeiro segundo e apostar por un internet sen artificios onde o importante é o contido". O xurado destes galardóns estivo composto por Sara Seco, Andrea Villa Feijóo e Adrián Pérez, autor do perfil @Salseologia.

 

O Premio á Produción de Contido Dixital en Galego, dotado con 3.000 euros, foi para o proxecto Crossbooking Castelao, unha proposta de microdrama basado na obra o rianxeiro, que recibe deste xeito un impulso para o seu desenvolvemento. O xurado encargado de seleccionar este premio estivo integrado por Román Varela, Maite Parga e Sandra Lesta.

Que che parece esta nova?
130 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Claves