A preocupación polo espazo e o tempo de Roberto González Fernández chega a Atalaia

Galería Espazo 48 acaba de inaugurar a súa última exposición, Virxes descoidadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Santiago. XXIII,  da serie Confusión. 2005. Óleo sobre lenzo, 100 x 100 cm.

Santiago. XXIII, da serie Confusión. 2005. Óleo sobre lenzo, 100 x 100 cm.

Vive e traballa a cabalo de dúas capitais, Edimburgo e Madrid, pero Roberto González Fernández (Monforte, 1948) é xa nun nome de referencia na arte galega desde finais dos anos 70. Foi entón cando comezou a marcar a súa traxectoria cunha obra figurativa na que amosaba un interese pola experiencia interior do ser humano. González está tamén de actualidade porque a Galería Espazo 48 acaba de inaugurar a súa última exposición,

Sobre a súa obra, o comisario Seve Penelas, explica que “combina a súa apariencia realista, o bo oficio e acabado das súas obras, cos entramados conceptuais que aborda nos seus contidos e temáticas -o amor, o erotismo, a morte, a perda, a nostalxia, a viaxe, a paisaxe-, desenvolvidos nun auténtico cruzamento de alegorías e símbolos”. Na súa obra hai un marcado interese polo tempo e polo espazo pero tamén polos novos formatos. Nos últimos anos, a través de tecnoloxías innovadoras e paralelamente á pintura, desenvolveu numerosos proxectos especialmente realizados para a súa salientable páxina web e para Facebook.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Binomios

Binomios

Soledad Revilla mestura pintura e instalación na galería SCQ

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Atalaia, Madrid, Paisaxe...

Claves

Lugares