Roberto González exhibe o seu realismo en Italia mentres o CGAC abre unha mostra na Fundación Tàpies en Barcelona

Exhibicionistas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Roberto González (Monforte, 1948) é un dos artistas presentes en Potenza, cidade do sur de Italia que exhibe estes días unha mostra sobre o arte realista español feito no século XX. A exposición, que leva o título de “Realidade”, pretende achegarse á chamada “Escola de Madrid” e inclúe tres obras deste monfortino que traballa a cabalo entre esta cidade e Edimburgo. Ao tempo, o Centro Galego de Arte Contemporánea abre este xoves unha nova exposición. Trátase de “Rexistros e hábitos. Máquina de tempo/imaxes de espazo” e será en Barcelona, na sede da Fundación Tàpies, entidade coa que coproduce esta exposición.

Máis información sobre a exposición italiana en La Voz de Galicia e sobre a do CGAC coa Fundación Tàpies, no web da entidade catalá

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Italia, Barcelona, La Voz de Galicia, Madrid...