A Xunta aproba a rehabilitación da igrexa do Mosteiro da Armenteira

A obras están cofinanciadas con cargo ao Fondos Feder Galicia 2007-2013

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Consellaría de Cultura, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meis son as tres entidades implicadas na restauración da igrexa do mosteiro de Armenteira. A este fin destinarán 388.562 euros (350.000 da Consellaría de Cultura, 38.562 da Deputación e o Concello de Meis achegará as licenzas) que permitirá, segundo a nota de prensa, rehabilitar “un dos monumentos máis significativos da provincia de Pontevedra, ademais de ser o edificio máis representativo do románico galego”. A decisión aprobouse hoxe no marco do Consello da Xunta que tivo lugar en Ourense.

As obras estarán cofinanciadas ao 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

De pedra e de Auga

De pedra e de Auga

Ribadumia e Meis comparten un percorrido polos muíños do río Armenteira

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Feder, Deputación Provincial, Ourense...