De pedra e de Auga

Ribadumia e Meis comparten un percorrido polos muíños do río Armenteira

| Santiago. Redacción | Seccións: Roteiros
Compartir:
De pedra e de Auga

Son seis quilómetros que seguen o curso do río Armenteira a través dun itinerario anegado por muíños e vexetación. E para rematar, o Mosteiro da Armenteira, unha xoia arquitectónica que pon fin a un percorrido estimado de dúas horas. Percorremos este camiño da man de Marta Lucio, xestora cultural da Deputacion de Pontevedra.

Hai tres anos, a través da deputación de pontevedra e dos concellos implicados decidiron recuperar un trazado case abandonado. “Sabíase da importancia dos muíños, que a xente empregaba para ir moer pero que estaba cheo de maleza e silvas” explica Marta Lucio, xestora cultural de Deputación de Pontevedra e coordinadora deste proxecto. Durante tres anos, os concellos implicados co apoio da Deputación, organizaron visitas, destinaron fondos para limpar a maleza e mesmo convocaron unha escola-obradoro para trabalar no patrimonio etnográfico. O resultado tradúcese nos 30.000 visitantes que este percorrido contabilizou ata o mes de agosto (non incluído). Ademais, Marta apunta que tamén se está a compilar tradicion oral e está a ter un éxito brutal. “Estamos ofrecendo un aliciente máis, ou diferente, do típico turismo de praia” propio desta zona.

Ribadumia






A primera parada seleccionada por Marta é precisamente no concello de Ribadumia, que da inicio á ruta. “Hai unha demostración dunha antiga moenda e hai unhaoficina de turismo, onde se colllen os folletos para facer a ruta” explica.

Aldea labrega






É, sen dúbida, un dos grandes atractivos deste roteiro. Segundo explica Marta, trátase “dunha reconstrución que fixo unha escola de canteiros da Deputación Tardicional, que reproduce a típica aldea de finais do XIX e principios do XX, que conta con réplicas dun lavadoiro ou un hórrreo”.

Museo da Armenteira






A terceira parada seleccionada é precisamente o fin do camiño, o Mosteiro da Armenteira. “É un dos monumentos máis destacados da comarca da Armenteira” apunta Lucio, ao tempo que lembra que acolle unha comunidade de monxas cistercienses.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muíños, Culturagalega, Turismo, Deputación de Pontevedra