O Festival Sónar abandona Galicia

Non está asegurada a continuidade do Vigo Transforma

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Eran algunhas das citas máis potentes da escena indie e electrónica en Galicia. A empresa Advanced Music, propietaria do Festival Sónar, trasladará o evento desde A Coruña a outras cidades internacionais: Tokyo e São Paulo. O motivo para isto, segundo os organizadores: é a falta de aportación económica da Xunta pero tamén os malos resultados de público: o Sónar 2011 non conseguiu completar o aforo previsto para o evento (rexistrou 8.400 asistentes para unha previsión de 12.000). Tamén está no aire o Vigo Transforma, aínda en fase de negociación. Segundo La Voz de Galicia, ambas as partes teñen claro que a Xunta reducirá as achegas públicas a este evento.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, La Voz de Galicia, A Coruña

Claves

Entidades
Lugares