O festival MOST! anunciado para o 15 de decembro nas instalacións do IFEVI de Vigo ven de anunciar a súa cancelación. A empresa promotora, a madrileña The Clover Music ven de informar da decisión unilateral de cancelar o evento, presumiblemente ante unas baixas vendas de entradas a menos de tres semanas da celebración do festival e en previsión duns malos resultados de asistencia. O MOST! Music Festival era unha nova proposta de evento musical que viña engadirse na axenda de festivais de inverno e que segundo o que se comunicou na presentación desta primeira edición, na que tamén tomou parte o alcalde olÃvico Abel Caballero en representación do consistorio, pretendÃa consolidarse a medio prazo como un evento fixo na cidade. O cartel estaba composto por bandas internacionais e nacionais, encabezadas polos suecos Mando Diao, pero non contaba con presenza da escena musical galega. A devolución de entradas nas diferentes plataformas de venda en liña xa comezou o seu proceso automático. As entradas compradas en man deberán de ser reclamadas nos puntos de venda ticketmaster.
En contrapunto ao evento vigués, o que vai vento en popa e a velocidade de cruceiro é, un ano máis, o Resurrection Fest de Viveiro poñendo á localidade lucense no mapa mundial do rock. Para esta décima cuarta edición a organización confirmou a pasada semana importantes incorporacións ao cartel en todas as posicións. Nos nomes en letras máis grandes Viveiro será o sitio onde a banda americana Slayer, que están de xira de despedida dos escenarios, fagan o que será o seu último concerto en terras españolas. Tamén se engaden moitos nomes coñecidos para os seguidores do rock Metal en tódalas súas variedades e chegados desde todos os puntos do globo como Lamb of God, os polacos Batushka, os portugueses Serrabulho, Terror, os suecos Misconduct, dende Canadá Mute, os franceses Birds In Row, os galeses Brutality Will Prevail. Para o seu escenario Desert Stage inclúense nesta tanda dúas bandas suecas The Ocean e Troubled Horse, e os portugueses The Black Wizards. Nomes da escena galega como Talesien, Lóstregos, MØURΔ ou Cro! Tamén se engaden nesta taqnda de confirmacións entre outros moitos. AÃnda haberá que agardar ata o 1 de xaneiro de 2019 para coñecer outro dos cabezas de cartel, un anuncio potente para comezar o ano que sen dúbida espertará muita expectación.