Adolfo Dominguez non participará na vindeira edición de Cibeles

A compañía centrarase no plan de expansión internacional en Latinoamérica e Asia

| Santiago. Redacción | Seccións: Deseño
Compartir:

Malos resultados de vendas de Adolfo Domínguez, o azoute da crise que afecta ao sector téxtil e un cambio de estratexia, farán que o creador galego acabe de anunciar que non estará na vindeira edición da Cibeles Fashion Week (1-5 de febreiro en Madrid). Non é a primeira vez que o modisto se ausenta desta cita, xa que estivo varios anos sen participar por desavinzas coa organización do encontró. Segundo publica Modaes, o web especializado en información sobre deseño téxtil, Adolfo Domínguez centrará os custes de preparación da pasarela no seu plan de expansión internacional, centrado principalmente en Latinoamérica e Asia.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asia, Latinoamérica, Adolfo Domínguez, Madrid

Claves

Protagonistas