Un espectáculo itinerante polo Museo de Lugo pecha a actividade formativa de Buxiganga

No marco deste proxecto desenvolvéronse 90 obras teatrais en 38 concellos

29/11/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculosteatropoliticas culturais
12 lecturas | Compartido 0 veces
Trátase dun proxecto pensado para dar a coñecer e formar o teatro amador da provincia lucense. No marco de Buxigangadesenvolvéronse este ano 90 representacións teatrais en 38 concellos por parte de 22 compañías de teatro. Canda isto, houbo nove cursos de formación que contaron coa participación de 250 persoas. Esta actividade remata o vindeiro xoves 1 de decembro coa representación de Dramaturxias de baul de Amarantía, un espectáculo itinerante polo museo de Lugo.
Este xoves, oito dramaturgos lucenses (Lola Fernández, “Culpable”; Iria Acevedo “Semente”; María Casar “Eu son árbore”; Neves Neira “Home man”; Conchi Madrina “Pitiño”; Rubén Pérez “Metamorfose do señor López” e Pomba Lugilde “Son do vento”) escribirán e rperesentarán os seus textos, que será un paseo polo Museo de Lugo. Como colofón, representarase a breve peza teatral de Eva Cabo O país dos tirabeques. Todo isto contará coa música en directo de Yuri Sidar e baixo a dirección de Ánxeles Cuña, directora de Sarabela Teatro.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares