Unha colección inspirada en Manhattan Transfer gaña a pasarela Debut 2011

Adrián Rivas recibiu o accésit Coca-Cola e Rodrigo García o premio Novel.12

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

“Un cadro de luxo, no que se esaxera ao máximo a riqueza dos materiais e os tecidos para simbolizar a tolemia que se viviu durante os anos vinte do século pasado”. Esta é a descrición que David del Río fixo da colección Manhattan Transfer coa que acaba de gañar o premio Debut 2011. A súa reinterpretación da novela homónima de John dos Passos que fala do fracaso e da decadencia, convenceu a un xurado que lle deu o máximo galardón. Tamén foron premiados a colección de Falsas Fan de Adrián Rivas co accésit Coca-Cola e a de Antonio J. Santos por The compulsive appeal of a rattlesnake, cunha mención especial. Rodrigo Pintos gañou o premio Novel.12 que consiste en deseñar un bolso para Purificación García.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Claves