A Deputación lucense premia o proxecto Xardín das ideas para o claustro de San Francisco

Coas propostas presentados, o Pazo de San Marcos acollerá unha exposición

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Deputación lucense premia o proxecto Xardín das ideas para o claustro de San Francisco

O convento de San Francisco en Lugo festexa neste 2011 o oitenta aniversario da súa declaración como Ben de Interese Cultural. No marco desta celebración, a Deputación de Lugo convocou un concurso para recuperar a zona axardinada do claustro dotado con 3.000 euros. Gañou o equipo catalán formado por Lluís Alavedra Torrella e Joaquim Cano Biosca, que propuxo unha intervención respectuosa coa historia do edificio, na que a auga xoga un papel fundamental e que se presentou co nome de Xardín das ideas . Canda o premiado, recibiron mencións especiais tres proxectos, entre os que estaba a proposta galego-portuguesa “Epigrafía” de Martín Toimil Mato e Mario Fernandes. Con todas as propostas presentadas ao concurso da ideas, a Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos ofrecerá unha exposición ata o vindeiro 22 de decembro.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: Barriga Verde

Dosier: Barriga Verde

Unha exposición en Lugo recupera este títere tradicional e amosa o mundo das feiras

Revisión natural

Revisión natural

O Museo de Lugo redescubre corpo humano nunha exposición

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Exposicións, Deputación de Lugo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)