Dosier: Barriga Verde

Unha exposición en Lugo recupera este títere tradicional e amosa o mundo das feiras

| Santiago. Redacción | Seccións: EspectáculoExposicións
Compartir:
Dosier: Barriga Verde

Barriga Verde, de feira en feira é o título da exposición que abre esta tarde ás 20 horas na sala de exposición do Pazo de San Marcos, en Lugo. O proxecto desenvolvido pola Asociación Cultural Morreu o Demo en colaboración coa Deputación de Lugo amosa por vez primeira pezas orixinais do espectáculo Barriga Verde, que durante medio século a familia Silvent levou por toda Galicia. Canda a historia deste títere, a mostra aborda a importancia do mundo das feiras e repasa a ligazón do personaxe con outros títeres europeos. A exposición estará aberta ata o vindeiro 15 de outubro. Coñece máis a historia de Barriga Verde no noso dosier.

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Dosier: Barriga Verde

Dosier: Barriga Verde

Un libro sobre José Silvent e unha exposición son as últimas propostas arredor este títere

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Demo, Culturagalega, Espectáculo...