O desbloqueo de dous proxectos permitirá recuperar patrimonio lucense

As obras do Cuartel de San Fernando e mais da fonte de Porta Miñá comezarán nos vindeiros meses

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Cun importante atraso sobre a previsión inicial, as obras de recuperación do Cuartel de San Fernando, en Lugo, comezarán o vindeiro mes de febreiro de 2012. Cando menos así o recolle hoxe El Progreso atendendo á adxudicación da redacción do proxecto de rehabilitación do edificio, que Cultura adxudicou o pasado mes de setembro e que estará rematado nesa altura. A idea da actuación e mais o proxecto, ambos os dous realizados e desenvolvidos polo estudio Buj+Colón, están recurridos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por outros concorrentes, que consideran que o anteproxecto seleccionado non respecta os valores que fan do edificio Ben de Interese Cultural.

De xeito paralelo, un acordo entre a Xunta e o Concello permitirá desbloquear a recuperación da fonte da Porta Miñá. Este manancial, un dos máis antigos de carácter público que se conservan na cidade, fora rehabilitado inicialmente a cargo do Xacobeo. Agora, Patrimonio e Concello repartirán o custo das actuacións no propio monumento e na contorna.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, El Progreso, Lugo, Xacobeo

Claves

Entidades
Lugares