O concurso para crear o Museo da Romanización en Lugo recibe 68 propostas

Patrimonio confía en resolver o 3 de maio e iniciar as obras en 2011

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O 3 de maio escollerase o anteproxecto gañador que guiará a reforma do Cuartel de San Fernando, en Lugo, para albergar o Museo da Romanización. A Consellería de Cultura informou onte de que ao concurso internacional presentáronse 68 proxectos de intervención no Cuartel. O director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, sinalou que "antes do finalizar o 2010 o proxecto do Cuartel estea redactado e presentado, e traballamos co obxectivo de comezar as obras ao longo de 2011".

O Centro da Interpretación e Museo da Romanización é un dos catro Parques Arqueolóxicos cos que contará Galicia. Segundo Rey Pichel, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre e o da Cultura Castrexa abrirán ao longo deste ano e no caso do Megalitismo da Costa da Morte "superou o primeiro paso" ao aprobar a Xunta a incidencia supramunicipal do Proxecto Sectorial.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Consellería de Cultura, Morte, Costa da Morte...

Claves

Conceptos