Os autores do Monumento ás vítimas do 11M construirán o Museo da Romanización en Lugo

O seu proxecto “Perseo” gañou o concurso que suporá un investimento de 10 millóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A proposta gañadora do concurso de ideas para converter o cuartel de San Fernando no Museo da Romanización pretende recuperar parte do que foi a súa estrutura orixinal. Os arquitectos Pedro Colón de Carvajal e Raquel Buj, autores do Monumento ás Vítimas do 11M en Madrid, idearon, baixo o nome de Perseo, unha rehabilitación que conserva a fachada orixinal e converte o patio nun gran espazo “de recepción versátil”. O investimento terá un custe de 10 millóns de euros e será a última das grandes infraestruturas que faltaban na Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Na rolda de prensa na que se deron a coñecer o proxectos gañadores, Roberto Varela apuntou que o novo complexo contará con “espazos de exposicións, un centro de consulta especializada e unha biblioteca” que axudarán a “facer máis completo e profundo o coñecemento e divulgación do patrimonio propio”.

Segundo figura na nota de prensa remitida pola consellarái de Cultura “o concurso de ideas para a construción do Centro de Interpretación e Museo da Romanización seleccionou tamén como segundo premio o proxecto Ianus, deseñado polos arquitectos Jacobo Bouzada Jaureguízar e Jesús Sanz Castro; o terceiro premio foi para Zócalo, do estudio Hago S.L. En canto aos accésits, o primeiro foi para a proposta Pasadera, de Luis de la Rica Castedo, e o segundo foi para o proxecto Cittá Aperta, de Felipe Peña Pereda”.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Madrid, Roberto Varela, Exposicións...

Claves

Protagonistas
Lugares