Cultura licita o auditorio de Lugo por un importe de 20 millóns

O edificio estará rematado para o ano 2014

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O consello da Xunta deu luz verde a unha partida de 20 millóns de euros para construír o auditorio de Lugo. O edificio asentarase finalmente no polígono Acea (na zona de Magoi) despois de que a Unesco descartase a solución para situalo no antigo cuartel de San Fernando. A infraestrutura permitirá que Lugo conte cun complexo cultural de máis de 15.000 metros cadrados, con varias salas con aforo para máis de mil persoas. A obra licitarase na primeira quincena de novembro e as previsións iniciais apuntan a que o edificio estará listo en 2014.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, UNESCO

Claves

Entidades
Lugares