Os científicos aseguran nun informe que non tiveron en conta os seus estudos na xestión do Prestige

O documento editado polo CCG cuantifica en 1.500 millóns os danos da marea negra

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Hoxe cúmprense nove anos do afundimento do petroleiro Prestige diante das costas galegas. Unha data que o Consello da Cultura Galega aproveitou para dar a coñecer a publicación titulada Recursos en I+D+i dedicaos ao estudo dos efectos da vertedura do Prestige (2003-08). Avaliación e xuízo crítico, que compila todos os estudos e publicacións arredor do tema. O documento inclúe resultados duns 200 estudos que ofrece conclusións como que a marea negra ocasionou danos por importe de 1.500 millóns; que as análises científicas non se tiveron en conta na xestión da catástrofe e que non mudou nada no sistema de aseguramento dos petroleiros. Os resultados déronse a coñecer onte no marco dunha xornada organizada pola Universidade e o Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prestige, Consello da Cultura Galega, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)