É un mito do cinema hollywoodiense, por bo actor pero tamén por ser un inacaptado con todos os estereotipos. A figura de Montgomery Clift é un dos nomes propios da quinta edición do Festival A Coruña Visible, que pretende dar a coñecer a cultura lésbica, gay, transexual e bisexual. Sobre a súa figura falan unha exposición e unha obra de teatro que se presentan no marco do festival. A obra de teatro é a peza gañadora do Premio LAM de Teatro 2010 que convoca a entidade organizadora do festival xunto coa Fundación Autor/SGAE. Canda esta historia, o festival tira de valor local e pretende dar a coñecer a historiaa de Marcela e Elisa, as protagonistas da primeira voda homosexual en Galicia e que casaron, previo engano do sacerdote en 1901, cunha exposición. As dúas mostras e a obra de teatro terán lugar na Coruña entre o 21 e o 29 de novembro.
Programación do Festival A Coruña Visible.