Despois da aposta que fixo en 2010 co seu apoio a Isis Innovation, a empresa tecnolóxica da Universidade de Oxford, a Fundación Barrié acaba de dar novos pasos no apoio á ciencia. O máis destacado é a constitución dun Fondo de Investimento nesta materia(dotado con 5.5 millóns de euros), co obxectivo de apoiar proxectos que, paso do tempo, se sosteñan cos recusos económicos que xeneren. No marco desde fondo acaba de asinar un convenio coa Universidade da Coruña por importe de dous millóns para financiar dous proxectos: un de biotecnoloxÃa (denominado BIO-alfa Gal) e outro de arquitectura de computadores de (High Performance Computing for High Performance Trading) da Facultad de Informática.