A Universidade da Coruña recibe 1,2 millóns para investigación mentres a de Compostela reorganizará os seus grupos de estudo

Investigación plus

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O convenio coa Consellaría de Innovación asinado onte achegará á Universidade da Coruña 1,2 millóns de euros destinados a investigación. Máis concretamente, os cartos destinaranse á adquisición de equipamentos para Centros de Innovación Tecnolóxica e para proxectos de investigación de apoio ao sector naval e industrial e accións ambientais nos sectores petroquímico e alimentario. Pola súa banda, a Universidade de Santiago anunciou que vai aplicar baremos de calidade e de competencia aos setecentos grupos de investigación que posúe para organizar o apoio económico que lles destina. Entre outros criterios, valorará a capacidade para participar en proxectos internacionais do grupo e a experiencia investigadora.

Máis información sobre o convenio da UdC en El Ideal Gallego; sobre a proposta da USC en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade da Coruña, Galicia Hoxe, USC, Santiago de Compostela