Homenaxes para dous académicos no Baixo Miño

Tui lembra a Faustino Rey Romero e Tomiño fai fillo predilecto a Franco Grande

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Levada Libre de Tui inicia hoxe o seu programa de actos para lembrar a figura de Faustino Rey Romero. Este sacerdote, poeta e membro da Real Académica mantivo un estreito vencello coa localidade e para o conmemorar, en nove centros escolares do concello se explicará a súa vida e obra e se lerán poemas da súa autoría. O venres 25 de novembro inaugurarase un monumento na súa honra e haberá un acto no que participarán Xosé Luis Méndez Ferrín, Ángel Luis Vázquez de la Cruz, e mais o músico Tomás Camacho. Tamén no Baixo Miño o vindeiro sábado 17 de novembro, o Concello de Tomiño nomeará Fillo Predilecto ao escritor e académico Xosé Luís Franco Grande.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Baixo Miño, Tomiño, Tui, Xosé Luís Franco Grande...